jueves, 9 de diciembre de 2010

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Para non esquecer o que fumos aprendendo ao longo deste trimestre, e tamén para aprender algunhas cousas novas, imos facer unhas cantas actividades on line:
A traballar!

lunes, 6 de diciembre de 2010

A MITOLOXÍA CLÁSICA SEGUNDO KARL LAGERFIELD

Seguro que tod@s oístes falar do coñecido calendario Pirelli. Pois o do ano 2010-2011, asinado polo deseñador Karl Lagerfield, está inspirado na mitoloxía clásica. Nel aparecen actores, actrices e modelos caracterizados como diferentes deuses e heroes da mitoloxía grega e romana.
Atrevédesvos a adiviñar con qué deus ou deusa se identifica cada imaxe?


Para ver mellor cada unha das imaxes premede AQUÍ

miércoles, 1 de diciembre de 2010

LUDI ROMANI

A partires do noso libro de texto e máis deste material extraído dos talleres da Domus Baebia Saguntina
estivemos a preparar un TALLER DE XOGOS ROMANOS e velaquí o resultado. Na era dos xogos tecnolóxicos aínda é posible divertirse como o facían os nenos romanos:


martes, 9 de noviembre de 2010

O ALFABETO GREGO

     Para aqueles que tedes dificultades co alfabeto, e tamén para os que simplemente queredes practicar un pouco, aquí tedes unha páxina con explicacións e actividades interactivas (na columna da dereita)
     Tamén podedes facer uns cantos test de autoavaliación que vos dirán cantas respostas correctas tedes e se podedes pasar ao seguinte nivel. Ánimo e poñédevos a proba!
      Por se aínda non conseguistes memorizalo, aquí vos queda, cunha nota de humor o alfabeto a ritmo de rap:

Comezamos!

Benvidos ao blogue de Cultura Clásica do Ies A Sardiñeira.
Esta páxina vainos servir para compartir recursos, experiencias, curiosidades etc sobre o mundo clásico. Espero que a disfrutedes e, sobre todo, que vos sirva para aprender moitas cousas interesantes